virxe

virxe

(< lat virgĭne)

  1. adx e s

    Que ou quen non tivo relacións sexuais.

    1. adx

      Que conserva a súa integridade e pureza orixinal.

    2. adx

      Aplícase ás substancias en estado natural antes da súa purificación ou elaboración.

    3. adx [TECNOL]

      Aplícase ao soporte magnético, como cinta, disquete ou CD, que non contén información e que está dispoñible para a gravación.

    4. aceite de oliva virxe [ALIM]

      Aplícase ao aceite de oliva extraído por procedementos mecánicos en frío, sen máis manipulación ca a clarificación mecánica.

  2. adx

    Que está intacto, inexplorado ou non cultivado.

  3. s f [RELIX]
    1. María, a nai de Deus. OBS: Nesta acepción escríbese en maiúscula.

    2. Santa que a Igrexa distingue entre os santos polo feito de gardar a castidade.

    3. Muller que se consagrou ao servizo de Deus e renunciou ao matrimonio.

Formas incorrectas

brixeira