Volga-Báltico, ruta fluvial
Volga-Báltico, ruta fluvial
Sistema de canais que une o Volga co Mar Báltico e, a través do canal Mar Branco-Mar Báltico, co Mar Branco. Denomináronse tamén sistema de navegación de Marij. A navegación inaugurouse en 1810, pero tras a Segunda Guerra Mundial comezou a construción dun novo canal entre o lago Onega e o río Volga, que se inaugurou en 1964. Ten unha extensión total de 368 km.