Volga-Don, canal

Volga-Don, canal

Canal que enlaza os ríos Volga e Don. Ten unha lonxitude de 101 km, dos que 45 constitúen ríos e pantanos. Construíuse entre 1948 e 1952. A carga principal do Don no Volga é o carbón, os materiais para a construción e os cereais, e do Volga ao Don, madeira, pirita e petróleo.