fisura
(< lat fissūra)
-
s
f
-
Abertura estreita que se produce nun corpo sólido.
Ex: A humidade entraba polas fisuras da parede.
Sinónimos: brecha, fenda, fendedura, greta, regaña, físgoa, brecha. -
[XEOL]
Fenda nunha masa rochosa, xeralmente compacta (granítica, basáltica, calcária) orixinada por compresión, desecación ou arrefriamento.
-
-
s
f
[ANAT]
Suco máis ou menos profundo e sinuoso situado na superficie dalgunhas vísceras. As fisuras máis importantes son as dos pulmóns e as do cerebro. As fisuras pulmonares dividen o pulmón dereito en tres lóbulos e o esquerdo en dous. As fisuras cerebrais máis importantes son a interhemisférica, que contén no fondo o corpo caloso e que separa os dous hemisferios cerebrais, e a de Silvius, a de Rolando, a occipital, a calosomarxinal e a calcarina, que dividen os hemisferios cerebrais nos lóbulos frontal, parietal, temporal, occipital, do corpo caloso e da insua.
-
[MED]
-
s
f
Fendedura nun tecido, nun óso, etc.
-
fisura anal
Úlcera lineal superficial no ano.
-
fisura auricular
Suco que presentan os ósos temporais e que acolle a rama auricular do nervio vago.
-
fisura conxénita
Trastorno que ten lugar durante o desenvolvemento embrionario que implica a ausencia de soldadura dos elementos que constitúen un órgano ou unha estrutura.
-
fisura ósea
Fractura incompleta dun óso.
-
s
f
-
s
f
Quebra ou ruptura de algo material.
Ex: As fisuras provocadas pola catástrofe ocasionaron a crise económica e política da rexión.