brecha
(< fr ant brèche
- s f
-
s
f
Ferida grande e profunda, especialmente na cabeza.
Ex: Abriuselle unha brecha na cabeza ó caer da árbore.
Sinónimos: fenda. -
s
f
Ruptura pola que algunha cousa sofre unha perda de unidade e firmeza. OBS: Xeralmente se utiliza co verbo abrir.
Ex: O descenso das vendas abriu brecha nas previsións da empresa.
-
s
f
[XEOG]
-
Paso estreito entre montañas.
-
Rocha constituída por seixos unidos por un cemento natural. As brechas sedimentarias adoitan ter un cemento calcario ou silicio. Segundo o carácter dos seixos, distínguense brechas calcarias, silíceas ou polixenéticas. As brechas tectónicas, de frición e miloníticas fórmanse en zonas de trituración a causa dos dobramentos ou fracturas. As brechas glaciais ou tillitas formáronse por consolidación cun cemento arxiloso de antigas moreas. As brechas volcánicas están constituídas por bloques de lavas relativamente antigas, aglomeradas por lavas de erupcións máis recentes.
-
Frases feitas
-
Estar/seguir na brecha. Estar sempre loitando e esforzándose por algunha idea ou por algún asunto. Ex: Ela, a pesar de todos os contratempos, segue na brecha.