Forno

Forno
[ASTRON]

Constelación austral situada entre as de Eridano e Escultor. Esta constelación está nunha rexión do firmamento pobre de estrelas brillantes. A estrela principal, α-Fornacis, é unha estrela anana vermella de tipo espectral F5, que ten unha magnitude aparente de 3,95 e está a unha distancia de 45 anos luz. Outro astro importante, β-Fornacis, é unha estrela amarela de tipo espectral G6, que está a unha distancia de 148 anos luz e ten unha magnitude aparente de 4,5. Dentro dos límites da constelación hai unha galaxia do Grupo Local, coñecida co nome de sistema de Fórnax.