Forno dos Mouros ou Anta da Moruxosa

Forno dos Mouros ou Anta da Moruxosa

Anta de corredor situada na Moruxosa (Toques), no alto da Serra do Bocelo. Presenta unha cámara poligonal constituída por sete ortostatos, asentados verticalmente e cubertos por unha lousa de dimensións medias, e un corredor que non presenta cuberta e do que só se conservan dúas lousas. No seu interior apareceron restos de pintura vermella e negra sobre fondo branco que representa zigzags.

Palabras veciñas

forno | Forno | Forno dos Mouros | Forno dos Mouros ou Anta da Moruxosa | Fornos | Fornos, pazo de | foro