Forno dos Mouros
Forno dos Mouros
Anta de corredor situado en Couzadoiro (Ortigueira) na Serra Faladoira. Presenta unha cámara poligonal da que se conservan sete ortostatos chantados verticalmente, inclinados cara ao interior e cunhas dimensións de 3,20 x 3,00 m e unha altura aproximada de 3 m, e un corredor formado por dúas lousas. Malia terse conservado restos do túmulo que envolvería o conxunto, este carece de cuberta, característica que fai pensar, xunto á ausencia de calquera tipo de enxoval, nunha expoliación.