xerador -ra
(< lat generatōre)
-
adx
Que produce ou xera algo.
-
s
m
[TECNOL]
Máquina, aparato ou dispositivo que produce enerxía eléctrica cunha tensión ou corrente dunhas características determinadas. Os máis empregados son os xeradores dinamoeléctricos que se empregan na produción industrial de electricidade. Para a xeración de corrente alterna empréganse o alternador, e de corrente contínua, a dínamo. Os xeradores electroquímicos, como pilas e acumuladores, teñen un uso máis restrinxido. Os xeradores electrostáticos, desenvoltos a partir do electróforo de Volta, producen electricidade por indución electrostática.
-
xerador de partículas
[FÍS]
Dispositivo que se emprega en física atómica para producir partículas. Os máis importantes son os xeradores de neutróns, que se diferencian segundo a forma en que se produce a reacción nuclear: bombardeo de ións acelerados sobre un elemento lixeiro, bombardeo de electróns sobre un elemento pesado, incidencia de partículas γ sobre berilio e fisión nun reactor nuclear.