badía

badía

(

  1. s f [XEOG]

    Entrada dun mar ou dun lago na costa, xeralmente máis pequena que un golfo; a abertura soe ser máis grande do que en realidade penetra na terra. A determinación do límite do mar territorial (tradicionalmente de tres a doce millas, aínda que ás veces se estende de 120 a 200 millas) non ofrece ningunha dificultade cando a costa é rectilínea, pero é difícil de fixar cando o mar forma entrantes de profunda penetración. A cuestión debe ser resolta tendo en conta a abertura da badía: se é relativamente reducida, o mar territorial determínase a partir da liña que une os cabos. En badías de abertura considerable determinouse o mar territorial a partir da costa real, excepto no caso das augas históricas.

    Sinónimos: baía. Confrontacións: abra, enseada.
  2. s f [INFORM]
    1. Espacio na caixa dun ordenador destinado á conexión de elementos periféricos ou á instalación de novos elementos no interior da mesma, como unha tarxeta gráfica ou unidade lectora de DVD-ROM.

      Sinónimos: boca.
    2. badía de unidade

      Espacio da caixa dun ordenador que pode aloxar unha unidade de disco.