Kusch, Polykarp

Kusch, Polykarp

(Blankenburg, Magdeburg 1911 - Dallas, Texas 1993) Físico. Foi profesor entre outras, nas universidades de Illinois (1931-1936), Columbia (1937-1941) e Texas (1972-1993) e traballou na Compañia Bell Telephone (1944-1946), na Westinghouse Electric Corporation (1941-1942) e na Universidade de Columbia (1942-1944). O cálculo do momento magnético do electrón e os seus refinamentos do espectro do átomo de hidróxeno valeulle a concesión, en 1955, do Premio Nobel de Física, que compartiu con W.E. Lamb.

Palabras veciñas

Kurunegala | Kuš | Kuš, Reino de | Kusch, Polykarp | Kusevickij, Sergej | Kushān | Kushiro