1 alto -ta

1 alto -ta

(< lat altus,-a, -um)

  1. adx

    Que ten unha altura considerable, superior á ordinaria.

    Ex: É tan alto que xoga como pivote de baloncesto. 

    Confrontacións: sublime.
  2. adx

    Que está ou que acada unha elevación vertical considerable sobre a superficie da terra ou sobre calquera outro termo de comparación.

    Ex: O sol está moito máis alto ca a montaña. 

  3. adx

    Que se sitúa nun nivel superior ao estimado como medio ou normal.

    Ex: Acudiron un alto número de manifestantes á protesta organizada. 

  4. adx

    Que está ou que chega a unha elevación superior, situada máis arriba, cara ao ceo.

    Ex: Estes novos edificios son moi altos. 

  5. adx

    Que ten moita intensidade.

    Ex: Temos que falar un pouco máis alto para que nos escoite. 

    Antónimos: vulgar.
  6. adx

    Tarde, despois do acostumado ou do que é habitual.

    Ex: Saímos de marcha ata altas horas da madrugada. 

  7. adx

    Que ten unha importancia ou nivel superior ao ordinario.

    Ex: Visítanos un alto mandatario de Francia. 

  8. adx

    Aplicado ao lugar onde nace o río. OBS: Xeralmente o adxectivo vai diante do substantivo ao que acompaña.

    Ex: Estivemos no alto Eo de excursión campestre. 

  9. adx

    Característico do que é próximo ao nacemento ou á súa orixe. OBS: Xeralmente o adxectivo vai diante do substantivo ao que acompaña.

    Ex: No alto Imperio o poder de Roma estendíase por toda Europa. 

  10. s m

    A parte alta dunha montaña, un cumio.

    Ex: O alto do Monte Tegra conserva un castro celta. 

  11. s m

    Dimensión que acada un obxecto ou persoa que resulta vertical na súa posición normal.

    Ex: O meu fillo mide un metro de alto, pero vai medrar máis. 

    Sinónimos: altura, altura.
  12. Antónimos: inferior.
    1. s m

      A parte alta dalgunhas cousas.

      Ex: Os altos dunha casa. 

      Antónimos: inferior.
    2. altos e baixos fig

      Desigualdades na altura dun terreo, dun camiño, etc.

      Ex: Os altos e baixos da calidade. 

  13. adv l

    A unha altura considerable.

    Ex: As águias voan moi alto. 

  14. adv m

    En voz alta.

    Ex: Fala tan alto que parece que está berrando. 

  15. adx [COMUN]

    Radiofrecuencia comprendida entre 3 MHz e 30 MHz segundo o convenio internacional. Represéntase pola sigla HF (high frequency).

  16. adx [FÍS]

    En sentido xeral, frecuencia empregada nas transmisións radiofónicas, en contraposición á baixa frecuencia.

  17. adx [MÚS]

    Agudo, con máis vibracións por segundo.

    Antónimos: grave.
  18. adx [SOCIOL]

    Aplicado á tempada na que hai máis fluxo de xente.

    Ex: Viaxar en tempada alta significa pagar máis. 

  19. [INFORM]

    Dise dos soportes informáticos que se diferencian unicamente dos de densidade normal, adoito a metade, na cantidade de información que poden almacenar. Nalgúns formatos, como o disquete, empréganse máis ca os de densidade normal.

  20. [DEP]

    Conxunto de exercicios de equitación moi elaborados que esixen un gran dominio do cabalo e un bo adestramento do animal ( equitación).

  21. [TECNOL]

    Reprodución do son practicamente igual ao programa orixinal. O concepto alta fidelidade é, de feito, un concepto de calidade: cada un dos compoñentes básicos da cadea que toma o son -a reprodución de son ten que manexar o son sen modificalo- ten que cumprir o seu cometido con precisión. As especificacións dun equipo de alta fidelidade veñen definidas nos seus mínimos pola norma alemá DIN 45500 e as normas norteamericanas IHF Standard. Ademais das características de fidelidade do micrófono e da agulla gravadora, a calidade final do disco depende tamén dos diferentes elementos que interveñen nas sucesivas fases da súa elaboración. Unha mellora notable neste sentido achegouna a dixitalización do sinal captado polo micrófono, o que evita a contaminación por toda clase de ruídos que se orixinan nas etapas intermedias. Este sinal ou ben é transferido directamente a un soporte tamén dixital (disco compacto) ou ben se transforma nun sinal analóxico que move a agulla gravadora da matriz coa que posteriormente se prensan os discos de pasta (enregistrament dixital). A alta fidelidade comeza a se desenvolver inicialmente nos EE UU e en Inglaterra cara ao 1950 e foise introducindo no resto dos países do mundo. Un equipo completo de alta fidelidade inclúe unha fonte de sinal de dúas canles (estereofónico), o amplificador e as caixas acústicas. Son fontes de sinal o tocadiscos ou o lector de disco compacto, o magnetófono ou a platina de casete e o sintonizador. O tocadiscos está formado polo prato xiradiscos, o brazo e a cápsula fonocaptora. O lector de disco compacto está formado polo sistema xiradisco e o lector de raio láser. O magnetófono ten que dispor de dúas velocidades usuais (9,5 e 19 cm/s) e 4 pistas. A platina de casete ten que aceptar cintas metálicas, de óxido de cromo e óxido de ferro, e ten que levar supresor de ruídos. O sintonizador debe posuír banda de FM, que é a única na que se pode transmitir programas de alta fidelidade. O amplificador, formado polo preamplificador (unidade de control) e o amplificador de potencia, debe posuír  todos os controis necesarios para modificar o nivel de escoita e a resposta de frecuencia (equialización). Nas caixas acústicas, o sinal procedente do amplificador transfórmase en son mediante un ou máis altofalantes, dispostos adecuadamente.

  22. Lugar dende onde non se albisca a ribeira, lonxe da costa.

Frases feitas

  • Andar coa cabeza alta. Camiñar coa cabeza ben ergueita e levantada. Ex: A pesar do que dixo podes andar coa cabeza alta.