2 haber

2 haber

(< 1 haber)

  1. s m

    Conxunto de bens e dereitos que posúe unha persoa física ou xurídica. OBS: Utilízase xeralmente en plural.

    Ex: Fixeron unha auditoría dos haberes da sociedade. 

    Confrontacións: ben.
  2. s m [ECON]

    Columna dereita dunha conta na que se anotan as reducións de capital en funcionamento (activo) ou os incrementos das fontes de financiamento (pasivo), e os beneficios do neto. Oponse a deber.

  3. s m

    Emolumentos que percibe unha persoa por un traballo.

    Sinónimos: salario, soldo.