malo -la

malo -la

(< lat malu)

  1. adx

    Que non ten as calidades esixibles á súa natureza ou función.

    Ex: Estes pantalóns saíronme moi malos.

    Sinónimos: ruín. Antónimos: bo.
  2. adx

    Que non é como convén ou como gustaría que fose.

    Ex: Dixeron que fará un día malo.

    Sinónimos: ruín.
  3. adx

    Que é prexudicial ou que ten consecuencias negativas.

    Ex: O exceso de alcohol é malo para a saúde.

    Antónimos: bo.
  4. adx

    Que non posúe as calidades morais que se consideran positivas.

    Ex: Todos sabemos que es unha mala persoa.

    Antónimos: bo.
  5. adx

    Que está enfermo.

    Ex: Púxose mala e non puido ir traballar.

    Sinónimos: doente. Antónimos: bo.
  6. adx

    Que está estragado, especialmente referido a alimentos.

    Ex: Non uses estes ovos que poden estar malos.

    Antónimos: bo.
  7. adx

    Que ofrece algunha dificultade.

    Ex: Parece un encargo malo de facer.

    Sinónimos: difícil. Antónimos: bo, fácil.
  8. adx

    Que causa pena ou sufrimento ou que anuncia unha desgracia.

    Ex: É un mal sinal que aínda non teñamos noticias. 

    Antónimos: bo.
  9. adx

    Que tende a facer trasnadas ou que é inquieto.

    Ex: Era tan malo que pasou o día castigado. OBS: O adxectivo ten unha forma apocopada mal que se emprega diante dos substantivos masculinos. Ex: É un mal amigo, que nunca está cando o necesitas. 

    Antónimos: bo.

Frases feitas

  • Ás/polas malas Á forza

  • Nin un mal.../nin unha mala... Úsase en expresións negativas para indicar a carencia de algo. Ex: Non nos deu nin unha mala propina.

  • . Estar de malas. Estar de mal humor.

  • De mala gana. Estar a disgusto.

  • Pensar no mal. Ser precavido.

  • Picar no mal. Ser enganado e burlado.

Palabras veciñas

malnutrición | Malo | malo -la | malo -la | Malo, O | Malo-Les-Bains | maloclusión