abaladura

abaladura

(< abalar)

  1. s f

    Acción e efecto de abalar.

    Sinónimos: abalamento, abalo, abaneadura, abaneo, abaneón, bambeo, balanceo. Confrontacións: oscilación.
  2. s f

    Movemento brusco e violento, especialmente o que se lles produce ás árbores froiteiras para que caia a froita.

    Sinónimos: abalamento, abalo, abaneo, bambeo, balanceo. Confrontacións: oscilación.
  3. s f

    Movemento oscilante que experimenta un corpo sen desprazarse do sitio no que se atopa.

    Sinónimos: abalamento, abalo, abaneo, bambeo, balanceo.
  4. s f

    Subida da marea.

  5. s f

    Cuarto crecente, fase na que a Lúa aumenta aparentemente o seu tamaño.