agudeza
(
-
s
f
Calidade de agudo.
Ex: A agudeza do son do violín penetrou en todo o público.
-
s
f
Capacidade que ten unha persoa para percibir as cousas e para amosar enxeño.
Ex: Celebro a agudeza do teu curmán Marcos para tratar coa xente.
Sinónimos: finura. Confrontacións: perspicacia, sagacidade, vivacidade, viveza. -
s
f
Dito agudo.
Ex: Estou farto das agudezas desta xente.
Confrontacións: gracia, ocorrencia, saída. -
s
f
[FIS/LING]
Calidade acústica dos sons que dependen da frecuencia dos seus elementos constituíntes; esta frecuencia, na fala, depende da velocidade das cordas vocais e da conformación dos resoantes bucais. A fundamentación nas cordas bucais opera sobre os harmónicos e determina a altura musical, curva melódica ou entoación. Opera sobre eles formando acústicos e determina o timbre.
-
agudeza sensorial
[FISIOL]
Poder de percepción e de discriminación dos sentidos.
-
agudeza visual
[FISIOL]
Poder de visión clara dos detalles. Nos seres humanos depende exclusivamente do estado da retina, pero chega a un límite de percepción que vén dado polo ángulo que forman os dous eixos visuais orixinados polos dous puntos máis próximos que é posible distinguir.