almadraque

almadraque

(< ár al-maṭraḥ‘o leito, o colchón’)

  1. s m

    Colchón feito con palla, herba seca ou semellante.

    Ex: Formas un almadraque con esa palla sobrante e dormes un pouco.

  2. s m [DEC]

    Manta dobrada en forma de almofada para deitarse enriba.

    Ex: Colleu o almadraque para botar unha pequena sesta.

    Sinónimos: cabeceiro, cabezal, colchón, coxín.

Palabras veciñas

almadía | almadraba | almadrabeiro -ra | almadraque | almadurria | almafí | almafre