alvariza

alvariza
  1. s f [ETN]

    Recinto que rodea as colmeas situadas nun terreo para defendelas contra o mal tempo e a depredación dos animais, especialmente do oso. O seu emprazamento lévase a cabo no medio dun monte ou nun terreo con costa, de acceso pouco doado no que, ás veces, se practican escalonamentos ao xeito de socalcos, orientados ao nacente para obter máis sol. A planta pode ser redondeada, ovalada, cadrada ou rectangular; o peche consiste nun muro asentado sobre unha cimentación ou sobre o mesmo terreo; o remate son unhas pezas de pedra colocadas de plano a xeito de beiril, aínda que tamén poden ser unhas pedras verticais, ou non ter remate; sen embargo, non é este o único tipo de construción existente para a alvariza.

    Sinónimos: abellariza.
  2. s f [ETN]

    Conxunto agrupado de colmeas.