Álvaro
Álvaro
[ONOM]
Este nome vén do xermánico alls ‘todo, moi’ e wars ‘atento, prudente’. Así mesmo deu lugar ao xentilicio Álvarez; un dos apelidos máis frecuentes na actualidade. Hai dous santos con este nome: santo Álvaro García (s XIII), mártir no Algarve portugués (1242), e santo Álvaro de Córdoba (ss XIV-XV). O nome difundiuse por algúns países de Europa a partir da obra do Duque de Rivas Don Álvaro o la fuerza del sino (1835). A festa de santo Álvaro celébrase o 19 de febreiro. Presenta tamén a forma apocopada Álvar formada a partir da forma plena Álvaro que aparece en posición proclítica. Como hipocorístico recóllese Varo.
Ex: Álvaro que queres agora? -Quero merendar, miña señora (Tradición oral).
Citas
- Álvaro que queres agora? -Quero merendar, miña señora (Tradición oral).