anteproxecto

anteproxecto

(< ante- + proxecto)

  1. s m

    Estudio ou traballo preliminar gráfico, técnico, xurídico, económico, etc, que serve de base á redacción definitiva dun proxecto, dunha normativa, dunha lei, etc.

    Ex: Presentou o seu anteproxecto antes de elaborar o informe final.

    Confrontacións: bosquexo, esbozo.
  2. anteproxecto de lei [DER]

    Proposta provisional que eleva un ministro ou conselleiro ao consello de ministros ou consello do goberno autónomo co fin de proceder á redacción definitiva dun proxecto de lei e a súa presentación ao parlamento.