anticipo

anticipo

(

  1. s m

    Acción de anticiparse.

    Sinónimos: adianto.
  2. Cartos adiantados ou anticipados.

    Ex: Un anticipo de vinte mil pesetas.

    Sinónimos: adianto.
  3. s m [ECON]

    Empréstimo reembolsable nun prazo fixado, cun tanto por cento de xuro convido e cunha garantía establecida principalmente sobre títulos.

  4. anticipo laboral [DER]

    Cantidade pagada aos socios cooperativos traballadores, a conta de futuros resultados e que, como mínimo ten que representar mensualmente unha cantidade igual á que lle correspondería por convenio.

  5. anticipo ó tesouro [ECON]

    Empréstimo, de carácter xeralmente permanente sen xuros, que fai o banco central emisor ao tesouro co garante duns bonos do tesouro. É unha contrapartida ao privilexio de emisión do banco.

  6. anticipo salarial [DER]

    Dereito do traballador a recibir, previa xustificación unha cantidade por anticipado a conta do seu traballo.