Arabia, deserto de
Arabia, deserto de
Deserto que constitúe o núcleo da Península Arábiga; é unha das maiores rexións desérticas do mundo. Limita ao norte co deserto de Siria, ao oeste coas montañas de Al- Ḥ i ǧ āz, ao sur con parte da anterior rexión montañosa e coa costa do Océano Índico, e ao leste co Golfo Pérsico. Trátase dun altiplano que descende progresivamente do oeste ao leste ata o Golfo Pérsico. O deserto está formado por diversas partes: o deserto de Bādiyat al-Šām, ao N; máis ao S está o gran deserto de Al-Nafūd, e continúa cara ao SL pola grande extensión do deserto de Al-Rub’ al-Hālī. Ao O, entre Al-Nafūd e ‘Al-Rub’ al-Hālī, atópase a rexión montañosa de Na ǧ d. Os oasis son moi escasos e case toda a rexión está deshabitada.