Arabia Petrea
Arabia Petrea
Nome asignado á parte noroccidental da Península Arábiga, comprendendo a península do Sinaí e a zona transxordana ata Siria meridional. O Emperador romano Traxano fíxoa provincia romana no 106 d C. Entre os ss IV e V foi dividida en dúas provincias: Arabia, ao N, con capital en Bostra, e Palestina Salutaris, ao S, con capital en Petra.