Arabia, mar de ou mar de Omán

Arabia, mar de ou mar de Omán

Parte noroccidental do Océano Índico, entre a costa occidental da India, a costa S de Arabia e Somalia (7.500.000 km2). Abrangue o golfo de Adén, que o comunica co Mar Vermello e o golfo de Omán, que o une co Golfo Pérsico. A temperatura e a salinidade son elevadas, e as augas pouco profundas. Os principais ríos que desembocan nel son o Indo, o Narbada e o Tapti, e os portos máis importantes Bombai, Karachi e Adén.

Palabras veciñas

Arabia Petrea | Arabia Saudí | Arabia, deserto de | Arabia, mar de ou mar de Omán | Arabian American Oil Company | arabías | arábico -ca