arcobotante

arcobotante

(< arco + botante)

  1. s m [ARQUIT]

    Elemento construtivo característico da arquitectura gótica que transmite o impulso da bóveda da nave central aos contrafortes laterais. Tamén conduce a auga da chuvia fóra do recinto do edificio.

    Confrontacións: contraforte, estribo.
  2. s m [CONSTR/MAR]

    Soporte de aceiro, en forma de V, soldado na parte exterior da cavidade, que ten exclusivamente a misión de soster a parte final da árbore da hélice.

Formas incorrectas

arbotante

Palabras veciñas

arcoba | arcobado -da | arcobar | arcobotante | arcocoseno | arcocotanxente | arcol