arrancar
(< lat *erŭncare‘arrancar herbas’ ?)
-
v t
Sacar da terra o que está plantado.
Ex: Arrancou as margaridas do balcón.
Sinónimos: apañar, arrincar, coller. -
v t
Sacar algunha cousa que está introducida ou adherida nalgún sitio.
Ex: O can arrancou o veludo dos zapatos.
Sinónimos: arrincar, extraer, quitar, sacar. -
v t
Poñer en funcionamento o motor dunha máquina ou un vehículo.
Ex: Arracaron as motos e fuxiron coma foguetes.
Sinónimos: acender, arrincar. -
v t
Desprender e expulsar pola boca flegmas ou secrecións pulmonares.
Ex: Déronme un expectorante para arrancar todo que poida.
Sinónimos: arrincar. -
v t
Sacar violentamente.
Ex: Ía tranquilamente pola rúa e arrancáronlle o bolso.
Sinónimos: arrebatar, arrincar. -
v t
Conseguir algo dunha persoa con esforzo, astucia ou violencia.
Ex: Custoume pero puiden arrancarlle a verdade.
Sinónimos: arrincar, quitar, sacar. -
v t
Procurar que alguén abandone un modo de vida ou unha actividade determinada.
Ex: Arrancou o viño das súas comidas.
-
v i
Comezar a moverse un vehículo ou un animal, ou a funcionar unha máquina.
Ex: O meu coche xa vai vello e cústalle moito arrancar con este frío. A burra estaba torpe e non daba arrancado.
Sinónimos: arrincar. -
v i
Irse dalgún lugar.
Ex: Arrancou da nosa casa cando xa eran as tres.
Sinónimos: arrincar. -
v i
Ter algo a súa causa ou orixe.
Ex: O fracaso escolar arranca da falta de motivación dos alumnos.
Sinónimos: arrincar. -
v t
[INFORM]
Facer que entre en funcionamento un aparato ou unha aplicación.
Sinónimos: arrincar.
Palabras veciñas
arrancadeira | arrancado -da | arrancador -ra | arrancar | arrancia | arrancio | arrandarIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arranco
arrancas
arranca
arrancamos
arrancades
arrancan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arrancaba
arrancabas
arrancaba
arrancabamos
arrancabades
arrancaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arranquei
arrancaches
arrancou
arrancamos
arrancastes
arrancaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arrancara
arrancaras
arrancara
arrancaramos
arrancarades
arrancaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arrancarei
arrancarás
arrancará
arrancaremos
arrancaredes
arrancarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arrancaría
arrancarías
arrancaría
arrancariamos
arrancariades
arrancarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arranque
arranques
arranque
arranquemos
arranquedes
arranquen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arrancase
arrancases
arrancase
arrancasemos
arrancasedes
arrancasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arrancar
arrancares
arrancar
arrancarmos
arrancardes
arrancaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
arranca
-
-
arrancade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arrancar
arrancares
arrancar
arrancarmos
arrancardes
arrancaren
arrancada
arrancados
arrancadas