asunción

asunción

(

  1. s f

    Acción e efecto de asumir.

    Ex: A asunción das responsabilidades foi a principal preocupación do novo goberno.

    Sinónimos: aceptación.
  2. s f [FILOS]
    1. A premisa menor dun siloxismo.

    2. Proposición admitida, sen demostración, para probar outra.

  3. s f [RELIX/MIT]

    Elevación da Nai de Deus en corpo e alma ao ceo; festa celebrada pola Igrexa católica o quince de agosto. Esta doutrina definiuse como dogma de fe por Pío XII na constitución dogmática Munificentissimus Deus (Deus munificiente, 1950), como resposta ás repetidas peticións feitas aos papas desde 1863. OBS: Nesta acepción utilízase con maiúscula.

    Ex: Polas festas da Asunción sempre vén unha orquestra moi boa.

  4. asunción da débeda [DER]

    Cambio de suxeito pasivo da obrigación por convenio entre o debedor e un terceiro, consentido polo acredor no mesmo acto ou por acto posterior.

Palabras veciñas

ašug* | asumible | asumir | asunción | Asunción | Asunción | Asunción