Asunción
Asunción
[RELIX/MIT]
Nome co que se designa á Virxe María, nai de Xesús Cristo, en tanto que elevada ao ceo en corpo e alma. A festividade da Asunción, chamada nun comezo ‘Dormición de María’, remóntase ao sV en Palestina e ao sVII en Occidente. Non obstante , ata Pío XII este misterio non alcanza a categoría de dogma. Esta festa de precepto para os cristiáns católicos celébrase o 15 de agosto. No calendario laboral do estado español esta data non é día hábil.