Bande, San Salvador de
Bande, San Salvador de
Mosteiro situado no concello de Láncara. Sábese da súa existencia a partir de diversa documentación relativa ao mesmo, conservada no tombo de Samos. Consérvase a doazón deste mosteiro (982) feita por Lucito Lucidiz, o seu propietario, aos monxes de Samos e ao seu abade Mandino, e un inventario das posesións que o mosteiro de San Salvador de Bande posuía na terra de Neira entre os anos 928 e 990.