Barranquete

Barranquete

Necrópole calcolítica (2330-2300 a C) da cultura dos Millares que se relaciona co poboado de El Tarajal situado en Almería. As tumbas escavadas son de tipo tholos: os túmulos estaban construídos por aneis concéntricos de pedra, o corredor que conducía á camára funeraria estaba compartimentado con pedras perforadas e a cámara acaroada podía ter arrimadas outras anexas.

Palabras veciñas

Barranco | Barranco del Paso | Barranco León | Barranquete | Barranquilla | barrantes | Barrantes