Boletín Corporativo
Boletín creado na Coruña en 1963 co subtítulo “Ilustre Colegio Provincial de Abogados de La Coruña”; cesou a súa actividade no ano 1965. Entre os colaboradores figuran Xosé Pousa Pérez, Ricardo Mora e Manuel Iglesias Corral. Saían tres ou catro números nos que seccións como “Actividades colegiales”, “Tribuna de colegiados” e “Nuestro colegio”, figuran no Sumario. Esta publicación profesional dedicouse a informar sobre as actividades colexiais, ordes do ministerio de Xustiza, mutualidades, lexislación, asistencia xurídica, etc. Na editorial do primeiro número, que levaba o título de “Palabras Previas” e a firma do decano do Colexio provincial de avogados da Coruña, Manuel Iglesias Corral, manifestábase a idea de abrir a revista a todos os pensamentos, observacións e informacións de interese dos propios xuristas.