Boletín da Academia Galega de Ciencias

Boletín da Academia Galega de Ciencias
[PUBLIC]

O primeiro volume viu a luz en 1982. O organismo reitor e responsable do boletín era o Consello de Publicacións, integrado nos seus inicios por Ernesto Viéitez Cortizo, Antonio Fraguas Fraguas, Luís Cordero Rego e Tito Antonio Varela López. Expresábase en diferentes linguas: galego, castelán, inglés e portugués. A súa creación estivo enmarcada dentro do ámbito dos obxectivos fundamentais da Academia tales como a promoción, aplicación e difusión de coñecementos científicos experimentais. Este boletín permitía a publicación dunha gran parte dos traballos de investigación feitos en Galicia. Concibiuse orixinariamente como unha revista de periodicidade anual coa posibilidade de edicións suplementarias. Os artigos abranguían diferentes materias como a Física, a Química, as Matemáticas, a Bioloxía, a Xeoloxía, as Ciencias Técnicas, as Ciencias Sociais e Económicas, etc.