bono

bono

(

  1. s m

    Billete ou aval que se pode cambiar por algún servicio, por algún produto ou, nalgúns casos, por unha cantidade de diñeiro que ten que ser entregada ao portador.

    Ex: Algunhas compañías telefónicas ofrecen bonos para navegar por Internet.

    Confrontacións: vale.
  2. s m [ECON]

    Título de crédito, emitido polo estado ou por unha entidade bancaria e entregado como contrapartida dun préstamo, que é adquirido polo público ou polos bancos. Poden ser a prazo curto, longo ou medio, e implican a promesa, pola parte do emisor e en concepto de intereses durante o tempo fixado, de pagar periodicamente ao portador unha cantidade determinada de diñeiro con relación ao valor nominal. Os bonos de caixa son os emitidos polos bancos, xeralmente a prazo medio. O estado emite os bonos do tesouro a longo ou ben a curto prazo para financiar a débeda pública.

  3. s m [XOGO]

    Cada un dos puntos que se emprega para multiplicar o valor da puntuación común en determinados xogos.

    Confrontacións: bonificación.