Bragg, lei de

Bragg, lei de
[FÍS]

Lei que afirma que a interferencia das ondas (raios X ou γ, ou ondas asociadas a electróns ou neutróns, de lonxitude da onda comparable coas distancias atómicas en cuestión) reflectidas polos planos dun cristal é construtiva. Forma, xa que logo, un patrón de difracción se se satisfai a expresión sen ϴ = nλ/2d, onde ϴ é o ángulo formado pola dirección de propagación do feixe incidente e os planos do cristal; λ representa a lonxitude da onda incidente; d representa a distancia entre os planos do cristal e n é un enteiro que dá o número de orde da reflexión. A lei de Bragg é útil en cristalografía posto que permite determinar os parámetros do cristal. Tamén se coñece como lei de Bravais.