bravío -a
bravío -a
(< bravo)
-
-
adx e s
Aplicado á terra, a que está sen cultivar.
Ex: Antano estas eran terras bravías que non producían nada. Van instalar unha depuradora neses bravíos.
-
adx
Aplícase ás plantas silvestres.
Ex: Medraban moitos arbustos bravíos no lugar que visitamos.
Confrontacións: agreste. -
adx
Aplícase comunmente aos animais que andan polos montes e están sen domesticar ou domar.
Ex: Tentei domar un poldro bravío.
Sinónimos: salvaxe.
-
adx e s
-
s
m
-
Cheiro característico dos animais do monte e dalgúns domésticos, como o carneiro.
Ex: Non soportaba o bravío da cabra montesa.
-
Cheiro e sabor da carne dalgúns animais do monte cando está demasiado fresca ou se prepara sen adubo suficiente.
Ex: Non puiden comer o coello porque me cheiraba a bravío.
Sinónimos: bravún.
-
-
s
m
[ANIMAL]
raposo.