bravío -a

bravío -a

(< bravo)

    1. adx e s

      Aplicado á terra, a que está sen cultivar.

      Ex: Antano estas eran terras bravías que non producían nada. Van instalar unha depuradora neses bravíos.

    2. adx

      Aplícase ás plantas silvestres.

      Ex: Medraban moitos arbustos bravíos no lugar que visitamos.

      Confrontacións: agreste.
    3. adx

      Aplícase comunmente aos animais que andan polos montes e están sen domesticar ou domar.

      Ex: Tentei domar un poldro bravío.

      Sinónimos: salvaxe.
  1. s m
    1. Cheiro característico dos animais do monte e dalgúns domésticos, como o carneiro.

      Ex: Non soportaba o bravío da cabra montesa.

    2. Cheiro e sabor da carne dalgúns animais do monte cando está demasiado fresca ou se prepara sen adubo suficiente.

      Ex: Non puiden comer o coello porque me cheiraba a bravío.

      Sinónimos: bravún.
  2. s m [ANIMAL]

    raposo.

Palabras veciñas

Bravais, lei de | bravata | braveza | bravío -a | Bravo | Bravo | bravo -va