Bravo

Bravo
  1. [ONOM]

    Apelido que ten a súa orixe nun alcume que se lle aplicaba a un individuo de carácter bruto, duro, valente (significado este último adquirido a partir do s XVI). Na época medieval tamén se atesta a forma feminina aplicada a mulleres. Nalgúns casos en que temos o plural poderíase pensar nunha orixe toponímica, xa que no noso territorio está moi espallado o topónimo Bravos. O topónimo ten un significado parello ao do apelido: fai referencia a terras bravas, sen cultivar.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que leva como armas: en campo de azul, un castelo axadrezado de ouro, azul e goles, sobre ondas de azul e prata; na porta do castelo, un león rampante; no medio do castelo, un escudo de azul, con tres lirios de ouro, e enriba do castelo dúas aguias voantes.

Palabras veciñas

bravata | braveza | bravío -a | Bravo | Bravo | bravo -va | bravo -va