bravo -va
(< lat barbăru ‘bárbaro, salvaxe’)
-
adx
Que ten mal carácter ou que manifesta violencia.
Ex: Batéronlles uns rapaces bravos que topamos na festa.
-
adx
Antónimos:
dócil.
-
Aplicado a un animal, que vive en estado salvaxe ou que é dificilmente manexable cando é doméstico.
Ex: O porquiño que trouxemos da feira saíu moi bravo.
Sinónimos: salvaxe. Antónimos: dócil. Confrontacións: montaraz. -
Aplícase ao gando que ataca a miúdo cos cornos.
Ex: Ata ben a vaca brava que hai nenos xogando no prado.
-
-
adx
Aplícase á planta ou ao froito que nace sen ser enxertado ou espontaneamente.
Ex: Onte topei amorodos bravos no monte.
-
adx
Que desagrada ao gusto, ao tacto ou a outros sentidos.
Ex: Non podo usar roupa de la brava.
Antónimos: suave. -
adx
Aplícase ao mar cando presenta ondas moi violentas.
Ex: Ó estar o mar bravo non saíron as embarcacións de pesca.
-
adx
Que non presenta unhas calidades ou condicións aptas para o cultivo.
Ex: Queren edificar a casa nos terreos bravos que lle mercaron ó seu avó.
-
adx
Que é valente diante do perigo ou na loita.
Ex: Os heroes de Troia foron todos bravos guerreiros.
Antónimos: covarde. -
adx
Aplícase ao cheiro intenso característico dos animais do monte e dalgúns domésticos.
Ex: A corte cheira a bravo desde que veu o carneiro.
Frases feitas
-
A bravo loc adv Sen cultivar. SIN: a campo, a monte. Ex: Desde que morreu o vello, os fillos deixaron as terras a bravo.
-
Bravo! Exclamación que denota ánimo e entusiasmo. Ex: Bravo, rapaces!, gañastes o partido nos últimos segundos.
-
Estar a bravo. Sen educación.
-
Estar feito unha fera brava. Estar rabioso.