1 bravura

1 bravura

(

  1. s f

    Calidade de bravo.

    Ex: Impresionounos a bravura do touro ó saír á praza. Botárono do debate pola bravura coa que se expresaba.

    Sinónimos: ardideza, ardimento, braveza, coraxe, denodo, fereza, ferocidade, valentía, valor. Antónimos: covardía.
  2. s f

    Acción propia de quen se caracteriza pola súa valentía.

    Ex: A bravura dos irmandiños diante dos nobres foi un exemplo revolucionario na historia.

  3. s f

    O que se di arrogantemente ou con ameazas intimidatorias de cara a alguén.

    Ex: Estou farta das súas bravuras, non meten medo.

    Sinónimos: bravata, fanfurriña, fanfurriñada. Confrontacións: ameaza.