Broadbent, criterio de
Broadbent, criterio de
[ARQUEOL]
Proba estatística que permite deducir un patrón lonxitudinal a partir da medición dunha determinada serie de edificios ou monumentos sen presupor ou sen saber con anterioridade cál é a unidade. Tamén dá un cálculo da probabilidade de que unha unidade de lonxitude así descuberta non sexa só resultado do azar, carecendo de existencia real. Esta proba empregouse para validar a afirmación da existencia dunha “iarda megalítica” na construción dos megalitos ingleses e doutras unidades na construción dos pazos minoicos e nas pirámides exipcias, entre outras.