Brockhaus

Brockhaus

Editorial fundada no 1805 en Amsterdam por Friederich Arnold Brockhaus (1772-1823). Cara ao 1817 instalouse en Leipzig e, en 1845, en Wiesbaden. Especializada dende a súa fundación en obras lexicográficas e de consulta, destacan o Grosser Brockhaus (1928-1935) e a Brockhaus Enzyklopädie (1966-1981), editada de novo dende o 1986. No 1984 fusionouse co Bibliographisches Institut de Manheim, cidade a onde se trasladara a sede.