broco -ca

broco -ca

(< lat brocco)

  1. adx

    Que é curvo e volteado cara a abaixo, especialmente cando nos referimos aos cornos do gando vacún.

    Ex: Comprou na feira unha vaca con cornos brocos.

  2. adx

    Que ten os ollos grandes e saíntes semellantes aos do boi.

    Ex: O máis característico do seu físico son os seus ollos brocos.