cambra

cambra

(

    1. s f

      Contracción involuntaria, intensa e dolorosa, que aparece de maneira transitoria nun músculo ou nun grupo muscular de fibra estriada.

      Ex: Perdeu a carreira porque lle deu unha forte cambra nun xemelgo.

      Sinónimos: cambia.
    2. cambra do escribente [PAT]

      Enfermidade que se caracteriza polo espasmo de certos grupos de músculos da man e do antebrazo e que impide o movemento normal desta. Os grupos de profesionais, tales como os escribentes e os pianistas, que utilizan ou traballan habitualmente coas mans, son os que máis padecen esta enfermidade.

    3. cambra de estómago [PAT]

      Dor aguda no estómago, xeralmente causada por unha lesión do mesmo.

  1. adx f

    Aplícase á vaca que ten paralizada unha pata.

    Ex: A vaca cambra que comprou na feira non lle é moi boa para traballar.