Cambrai, Congreso de
Cambrai, Congreso de
Congreso europeo que tivo lugar en Cambrai (Cambrésis) de 1721 a 1727, convocado polos membros da Cuádrupla Alianza (Francia, Inglaterra, Países Baixos e Austria) para concluír unha paz definitiva. As negociacións facilitaron diversos acordos: o Tratado de Madrid (1721), asinado entre Francia, Inglaterra e Filipe V; o Tratado de Viena entre Filipe V e Carlos VI de Austria; e a Alianza de Hannover, entre Francia, Inglaterra e Prusia.