Cambrai, Paz de

Cambrai, Paz de

Tratado de reconciliación asinado en Cambrai o 5 de agosto de 1529 por Luísa de Savoia, en nome do seu fillo Francisco I de Francia, e por Margarida de Austria, no do seu sobriño Carlos V; por esta razón tamén se coñece co nome de Paz das Damas. Este acordo confirmaba a renuncia por parte do rei de Francia ás súas aspiracións sobre Milán, Xénova e Nápoles e á soberanía sobre Flandres e Artois, establecida polo Tratado de Madrid (1526), e, a cambio, Carlos V recoñecía a soberanía francesa sobre Borgoña.

Palabras veciñas

cambrai | Cambrai | Cambrai, Congreso de | Cambrai, Paz de | Cambre | Cambre | Cambre