cantil

cantil

(< 3 canto)

  1. s m
    1. Instrumento de carpintería empregado para entallar dúas pezas de madeira, de xeito que quede enganchada a peza que ten unha parte saínte con outra que presenta un entrante do mesmo tamaño.

    2. Instrumento empregado polos canteiros para labrar as pedras e poder xuntalas.

  2. s m [XEOG]
    1. Escarpa rochosa de pendente bastante acusada, cortada na liña de contacto entre a terra e o mar e que constitúe a costa rochosa. É produto da erosión mariña, que socava a base do relevo na costa, retrocedendo por sucesivos derrubamentos.

      Sinónimos: acantilado.
    2. Escarpa vertical producida pola erosión ou pola tectónica.