carmín
-
-
s
m
[PINT]
Pigmento extraído dos corpos secos das cochinillas femia, de cor moi semellante e propiedades pitóricas parecidas ao carmesí, de ton máis claro e matiz menos azulado. Debe as súas propiedades colorantes ao ácido carmínico, que con alumina forma unha laca alumínica.
-
s
m
[BIOL]
Colorante básico, de cor carmín, específico das nucleoproteínas, que normalmente se utiliza mesturado con alume ou sales amónicos, que actúan como mordente, e con outros colorantes. Permite realizar tinguiduras en bloque e é moi persistente.
-
carmín acético
[BIOL]
Colorante a base de carmín e ácido acético que actúa ao mesmo tempo como fixador. Emprégase especialmente para tinguir os cromosomas.
-
s
m
[PINT]
-
adx e s
m
Aplícase á cor parecida á carmesí e ás cousas que presentan esta cor.
Ex: Foi á presentación vestida de cor carmín.
-
s
m
Cosmético que serve para pintar os beizos.
Ex: Sempre botaba carmín nos beizos antes de saír da casa.