Casa Branca, A
Casa Branca, A
Residencia oficial do presidente dos EE UU, situada en Washington. Iniciouse en 1792 segundo os planos de James Hoban, aínda que no período 1949-1952 sufriu diversas modificacións. Ata 1902 denominouse Executive Mansion. Consta de dous pisos cun pórtico xónico na parte frontal do edificio.