Casa Branca, pazo de

Casa Branca, pazo de

Edificación situada en Santa María de Lamela, no concello de Pereiro de Aguiar, de probable orixe renacentista. Ten planta rectangular. Na fachada oeste hai unha torre de planta rectangular de tres alturas. Debido ao desnivel do terreo, presenta tres plantas na fachada norte e dúas nas outras frontes. A fachada principal é a oeste, na planta baixa está a entrada e unha escaleira de pedra que permite o acceso á vivenda; na segunda planta sobresae un balcón con balaustrada de ferro. O conxunto compleméntase con cortes, fonte de pedra, eira e casa para o servicio.

Palabras veciñas

Casa Alfredo | Casa Arines | Casa Branca, A | Casa Branca, pazo de | Casa da Conga | Casa da Índia | Casa da Moura