Casa da Conga

Casa da Conga

Obra de Domingo Antonio de Andrade, construída en 1707 na esquina da praza da Quintana coa de Praterías, en Santiago de Compostela, e rematada por Fernando de Casas Novoa. Realizada para servir de residencia de cóengos, é sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Está formada por un conxunto de catro casas que teñen unha mesma base e un pórtico corrido.